Xornada de limpeza dos bancos marisqueiros do fondo da ría
Por Oskar Viéitez
Para este martes está prevista unha xornada de limpeza dos bancos marisqueiros do fondo da ría, unha actividade autorizada polo Instituto Social da Mariña, que permite así compatibilizar estes traballos complementarios coa cobranza de axudas polo paro da extracción ata o 15 de abril no caso da actividade a pé, e ata o verán para os de á boia.
As tarefas previstas consisten na retirada de troncos, ramas, cunchas de bivalvos mortos e outra clase de lixo. Tamén retirarán mexillóns e recoiro rizadas que ocuparon as zonas de cría da ameixa.
Estes labores de limpeza prolongaranse ata abril cando está previsto que se proceda ao rareo dos bancos para sementar.
O sector dispón das axudas por cesamento de actividade, os fondos europeos de axuda ao sector e os 550 euros de axuda directa que lles fixo chegar a Consellería de Pesca antes das eleccións autonómicas.
As confrarías reclaman ao Goberno do Estado a declaración de zona catastrófica, ou algún tipo de recoñecemento da situación excepcional das rías pola alta mortaldade do marisco.
Relacionadas:
-
Catorce toneladas de residuos menos nos fondos da ría de Arousa
Por Redacción |
-
Permitir o rareo do marisco durante o cese de actividade foi "un acto de xustiza coa xente do mar"
Por Redacción |
-
A Federación Provincial de Confrarías solicita ao ISM posibilitar tarefas accesorias do marisqueo a pé durante peches forzosos
Por Redacción |
-
A crise de produtividade dos bancos forza o peche do marisqueo
Por Oskar Viéitez |