O alcalde de Vilaboa supervisa as obras do centro social do Picho, unha das prioridades do Concello
Por Redacción
O alcalde de Vilaboa, César Poza, realizou unha visita ás obras do futuro centro de atención a maiores do Picho, cuxa posta en marcha é unha das prioridades deste goberno local.
Se a execución continúa a este ritmo espérase que o Concello reciba a obra antes de que comece o verán, aínda que dita recepción non conleve a inmediata apertura do centro.
O proxecto supón unha reforma estrutural importante e ao tempo un acondicionamento do inmoble e do recinto exterior con xardíns e zona de esparexemento.
O edificio principal supera os 863 metros cadrados e conta cunha edificación auxiliar. O recinto acolleu unha escola unitaria, as oficinas da escola taller e posteriormente quedou en desuso.
Con tal motivo o Concello de Vilaboa estivo a traballar para transformar este lugar nun centro de atención e actividades para persoas maiores, un servizo que demanda a cidadanía do municipio dado o envellecemento da poboación polo que Poza sinalaba que "somos conscientes que é unha infraestrutura básica en Vilaboa e que están a esperar moitas familias que precisan alternativas para os coidados dos seus maiores".
Relacionadas:
-
Vilaboa destina 805.000 euros do seu orzamento para o lixo, o saneamento e Acuaes
Por Oskar Viéitez |
-
Vilaboa reclama á Xunta que asuma os custos do Servizo de Axuda no Fogar e o centro de saúde
Por Oskar Viéitez |
-
O primeiro treito da A-57, entre Vilaboa e A Ermida, abrirá ao tráfico antes de final de ano
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Vilaboa homenaxea a María Otero Otero, exemplo das mulleres do rural que se incorporaron ao mercado laboral
Por Redacción |
-
A veciñanza de Vilaboa traslada as súas peticións para mellorar na canalización das augas pluviais da A-57
Por Redacción |