Luisa Sánchez renuncia como directora de Recursos Humanos da área sanitaria
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores, comunicou que Luisa Sánchez, a actual directora de Recursos Humanos, vén de presentar a renuncia ao seu posto, motivado pola súa toma de posesión como deputada provincial asumindo ademáis a vicepresidencia segunda da Deputación de Pontevedra.
"É unha decisión persoal e profesional, da que, por unha parte, nos alegramos, e por outra, tamén lamentamos porque imos deixar de disfrutar da súa profesionalidade", sinalou José Flores.
O xerente apuntou que sobre Luisa "non teño nada máis que dicir que boas palabras sobre a súa traxectoria, xa coñecida, na xestión sanitaria, e que, por suposto, se prolongou aquí durante este tempo no que puidemos disfrutar do seu traballo".
José Flores incidiu en que Luisa Sánchez "deixa atrás durante este tempo dedicación a esta área sanitaria, aparte nun campo moi sensible, un campo no que calquera organización -e moito máis a nosa, o Servizo Galego de Saúde desta área- tense que volcar de forma intensa; a xestión dos profesionais, a xestión das persoas que traballan e que dan saúde aos galegos, neste caso na nosa área sanitaria".
A partir de agora, a área sanitaria seguirá o proceso habitual nestes casos que pasa pola convocatoria, que será publicada nas vindeiras semanas no Diario Oficial de Galicia, da praza de directora de Recursos Humanos e que terá a súa resolución conforme aos prazos previstos.
Relacionadas:
-
A incorporación de Luisa Sánchez leva a Rafa Domínguez a ocupar a vicepresidencia primeira da Deputación
Por Anxo Lourido |
-
O presidente da Deputación ve "xustificado" un pleno extraordinario só para que tome posesión unha deputada
Por Oskar Viéitez |
-
Luisa Sánchez tomará posesión como deputada provincial tras a renuncia de Marta Fernández-Tapias
Por Oskar Viéitez |