Finalizan as obras de renovación integral do pavillón de As Covas
Por Redacción
O Concello de Meaño deu por rematadas as obras de remodelación integral do pavillón de deportes As Covas.
O centro deportivo presentaba problemas de filtracións de auga, polo que o Concello procedeu á retirada das planchas de amianto e á colocación da nova cuberta con paneles sándwich aislantes de aluminio e un falso teito de placas de xeso laminado.
Nunha zona próxima á entrada principal construíron uns novos baños, reformaron os vestiarios existentes con renovación de fontanería, saneamento, alicatados, solados e pintura, e as gradas as dotaron de madeira laminada para os asentos do público, e eliminouse un tramo de grada para mellorar a mobilidade e a accesibilidade do público. En referencia á carpintería exterior, instalaron carpintería de aluminio, porta exterior e pórtico entrada en aceiro laminado.
"Con este proxecto de reforma integral do pavillón, tanto na estructura externa como interna para mellorar a eficiencia enerxética, accesibilidade, sostibilidade, eliminación goteiras, poñemos á disposición dos veciños e veciñas de Meaño unhas instalaciones deportivas en óptimas condiciones para o seu uso e disfrute", destacou o alcalde de Meaño, Carlos Viéitez.
A obra foi adxudicada por un importe de 586.870,70 euros, cofinanciada polo Concello de Meaño e pola Deputación de Pontevedra en base ao programa Reacpon.