A Casa de Don Fernando acolle a charla "Muller e violencia na Ría de Pontevedra nos séculos XVIII-XIX"
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Casa de Don Fernando acollerá este venres a charla-coloquio "Muller e violencia na Ría de Pontevedra nos séculos XVIII-XIX" impartida por José María Leal Bóveda, licencidado en Xeografía e Historia e investigador externo da Universidade de Santiago de Compostela.
A cita que se enmarca dentro da programación do Día Internacional dá Muller Traballadora está organizada polo Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo en colaboración co Concello de Sanxenxo.
Durante a charla repasarase o papel da muller na sociedade, a súa vinculación ao mundo privado e caseiro e á procreación e coidado dos fillos e o fogar.
Tamén se abordará a necesidade do permiso varonil; pai, irmán, marido, para os actos xurídicos: transmisión de propiedades, herdanzas, permisos para emigrar… O control da sexualidade feminina e social, así como a violencia contra a muller nos documentos escritos, entre outras cuestións.