Sanxenxo e O Grove presentan unha nova web deseñada para facilitar o traballo ás empresas turísticas
Por Oskar Viéitez
Máis de 200 representantes do sector turístico asistiron este mércores á presentación da nova web turística da Mancomunidade de Salnés para os municipios de Sanxenxo e O Grove, www.destinosalnes.com, un portal que permitirá a residentes e turistas dispoñer de toda a información necesaria para gozar ao máximo dos distintos atractivos turísticos destas localidades.
Ademais dos alcaldes de Sanxenxo e O Grove, Telmo Martín e José Cacabelos, respectivamente, tamén asistiu a esta presentación Jesús Herrero, director xeral de Red.es, entidade adscrita ao Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública e o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada.
Trátase dunha nova ferramenta que servirá para expoñer as potencialidades turísticas de ambos os municipios "de forma dinámica, intuitiva e fácil" na que os propios establecementos poderán actualizar a súa información de forma inmediata.
Telmo Martín destacou que estas novas webs permitirán mellorar na información aos visitante e dará unha maior visibilidade a este destino, "pero para que la web funcione es fundamental vuestra implicación para que esté en todo momento actualizada y la promocionéis entre vuestros clientes", apuntou.
Na mesma liña, incidiu na "importancia de la colaboración institucional entre administraciones, independientemente del color político, para sacar adelante proyectos tan relevantes como éste anteponiendo, como no puede ser de otro modo, el interés general".
Pola súa banda, José Cacabelos asegurou que "se trata de facilitar el trabajo a las empresas turísticas a través de herramientas eficaces que permitan a Sanxenxo y O Grove seguir siendo uno de los motores turísticos del noroeste peninsular".
"Confiamos en que este proyecto sea de utilidad y, ya les adelanto, que éste no será el único proyecto en el que ambos concellos colaboraremos", engadiu.
A empresa europea de telecomunicacións Vodafone, adxudicataria do proxecto, encargouse da exposición da nova web destacando vantaxes como que pode integrarse con ferramentas de mensaxería e de email márketing, posibilitando o envío de correos electrónicos a grupos de usuarios; facilita a integración con outros motores de procura de forma eficiente e sinxela; e dispón de ferramentas que permiten a xestión dunha axenda de eventos, como actos nun municipio, ofertas dun servizo e/o produto ou actividades temporais ligadas a un punto de interese turístico.
Durante a presentación da web tamén se avanzaron próximas actuacións que se poñerán en marcha nos próximos meses, incluídas tamén neste proxecto conxunto de Sanxenxo e o Grove como o smart parking, para desconxestionar as zonas de alta densidade e fomentar medios de transporte sostible; un proxecto de smart beach, para monitorizar as ocupacións e accesos aos areais, a implementación de conexións wifi, e aplicacións móbiles para informar o turista da meteoroloxía na zona ou dos servizos dispoñibles, entre outros.
Relacionadas:
-
A programación estival de Sanxenxo contará con dúas novas feiras
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo e O Grove unen esforzos tecnolóxicos e ambientais para ser 'Destinos Turísticos Intelixentes' en 2022
Por Redacción |
-
O goberno local de Sanxenxo pretende instalar cámaras para controlar o tráfico
Por Oskar Viéitez |
-
O Ministerio de Economía cofinanciará os proxectos de turismo intelixente da Deputación e a Mancomunidade do Salnés
Por Oskar Viéitez |