Un motorista sofre un accidente e resulta ferido ao intentar esquivar un xabaril
Por Redacción
Un motorista resultou ferido no serán deste domingo nun accidente de tráfico en Poio cando intentaba esquivar un xabaril que se lle cruzou na vía.
Segundo a información facilitada pola Policía Local de Poio, o sinistro sucedeu sobre as 20.50 horas na estrada PO-308 na avenida Sieiro, á altura de Casa Solla.
O motorista sufriu unha caída ao intentar esquivar o paso do animal e resultou ferido.
O condutor foi atendido no lugar do accidente por unha ambulancia do 061 e logo trasladado a un centro sanitario.
Relacionadas:
-
Poio poñerá o nome de veciños "moi queridos" a dous viais de Raxó
Por Oskar Viéitez |
-
Tres nenos resultan feridos nun accidente en Ribadumia con catro vehículos implicados
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Controlan o combustible perdido por un camión con madeira envorcado na AP-9 á altura de Barro
Por Redacción |
-
Un recoñecemento extraxudicial de crédito permitirá ao Concello pagar as catro facturas que debe polo muro do Xuviño
Por Oskar Viéitez |