A Policía Local de Poio vixía que os condutores respecten os semáforos
Por Redacción
Numerosos vehículos atravesarán as estradas de Poio durante esta Semana Santa, tanto para realizar desprazamentos polo municipio como en tránsito ata outras localidades costeiras.
Nestas datas, do 25 ao 31 de marzo, a Policía Local de Poio está levando a cabo unha Campaña de control, vixilancia e concienciación sobre os riscos de non respectar a luz vermella ou laranxa dos semáforos.
Lembran os axentes que é imprescindible que os condutores poñan atención á condución, garden a distancia de seguridade e respecten os pasos de peóns.
As multas poden chegar aos 200 euros e retirada de 4 puntos do carné. Esta sería a sanción no caso de saltarse un semáforo en vermello.
Segundo indica a Dirección Xeral de Tráfico (DXT), a cor laranxa fixa (ou ámbar) obriga á detención do vehículo, tendo neste caso unha validez similar ao semáforo vermello. Se a luz laranxa pestanexa débese circular con precaución.
Relacionadas:
-
Campaña especial de control de velocidade inadecuada do 15 ao 21 de abril
Por Anxo Lourido |
-
Poio poñerá o nome de veciños "moi queridos" a dous viais de Raxó
Por Oskar Viéitez |
-
Un recoñecemento extraxudicial de crédito permitirá ao Concello pagar as catro facturas que debe polo muro do Xuviño
Por Oskar Viéitez |
-
Activan en Poio unha campaña especial de vixilancia sobre o transporte de mercadorías
Por Redacción |
-
Semana de control e inspección de furgonetas
Por Redacción |
-
Semana de vixilancia e control de autobuses e camións
Por Redacción |