Semana de vixilancia e control de autobuses e camións
Por Redacción
A partir do luns 7 e ata o domingo 13 de febreiro desenvolverase nas estradas do Estado unha campaña especial de vixilancia e control de camións e autobuses, que impulsa a Dirección Xeral de Tráfico.
A Policía Local de Poio súmase a esta iniciativa e anuncia que durante esta semana intensificarase a vixilancia e o control da circulación de camións e autobuses.
Durante estes controis incidirase en revisar a velocidade á que circulan polo municipio, o exceso de peso do camión ou do autobús, as horas de descanso dos condutores, os defectos técnicos do vehículo, a seguridade da carga que se transporta, uso do cinto de seguridade por parte do piloto e dos ocupantes e a documentación do vehículo e do condutor.
Ademais, tamén se analizará o consumo de alcol ou de drogas; a utilización do teléfono móbil durante o percorrido e a utilización da máscara obrigatoria polas normas sanitarias, atendendo ás modificacións que o goberno central poida establecer ao longo desta mesma semana.