Nove residentes en Sanxenxo superan o século de vida
Por Redacción
Carmen Uhía Martínez é unha portonovesa moi coñecida pola súa longa traxectoria vinculada á venda de peixe. Cumpriu cen anos e este luns o alcalde Telmo Martín e a concelleira de Servizos Sociais e Maiores, Paz Lago, celebraban con ela o seu aniversario.
Esta veciña, emocionada e agradecida, recibía un ramo de flores. En 2023 tamén se recoñecía a súa vida profesional na entrega da Raia de Ouro.
Carmen Uhía destaca pola súa memoria privilexiada e por manterse en boa forma física.
Todas as mañás realiza un paseo ata Montalvo. Precisamente aproveitou a oportunidade de pedirlle ao alcalde un novo banco para descansar durante este camiño que realiza a pé, acompañada dunha amiga.
Telmo Martín comprometeuse a realizar o percorrido coa centenaria: "é unha sorte que contemos con veciñas como vostede. Merece un banco e moito máis".
Non consome lácteos nin conservas e sempre come un anaquiño de pan de sobremesa. Ademais reza o rosario de memoria diariamente.
En Sanxenxo actualmente hai empadroados un total de nove veciños e veciñas que cumpren entre 100 e 106 anos neste 2024. O Concello decidiu institucionalizar este recoñecemento veciñal ás persoas centenarias.
Relacionadas:
-
Comer allo en xaxún e rezar, a receita de Consuelo García de Vicuña para chegar aos 104 anos
Por Redacción |
-
Anselmo Outón Vázquez, veciño de Dorrón, suma 100 anos de vida bañándose a diario na praia de Area de Agra
Por Redacción |
-
As vidas de cinco veciños protagonizan a campaña de empadroamento lanzada polo Concello de Marín
Por Redacción |
-
Sanxenxo presenta catro proxectos ao Plan +Provincia por valor de case 1,2 millóns de euros
Por Redacción |
-
Carmen Uhía Martínez recibe a Raia de Ouro con aclamacións
Por Redacción |
-
Carmen Uhía Martínez, Raia de Ouro 2023 pola súa traxectoria vinculada á venda tradicional de peixe
Por Redacción |