O pleno de Poio acorda por unanimidade actualizar as ordenanzas do Plan Xeral
Por Oskar Viéitez
O Pleno de Poio acordou por unimidade a actualización das ordenanzas do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para adaptalas á lexislación.
As modificacións propostas introducen usos que non estaban contemplados no plan xeral vixente, como por exemplo o sanitario, educativo, cultural ou deportivo, pero ademais tamén se regulan os aparcamentos disuasorios e a figura dos complexos inmobiliarios, actualízase a regulación dos usos turísticos e redúcese a fronte mínima para vivendas unifamiliares.
A corporación local coincidiu en que estes son uns cambios a mellor que corrixen algunhas deficiencias detectadas no PXOM aprobado no ano 2000 e permiten adaptalo a normas recentes como a Lei do Solo de Galicia.
O alcalde, Ángel Moldes, agradeceu a toda a corporación o apoio a esta modificación e subliñou que, si ben o consenso sempre é positivo, no caso de temas tan importantes como o urbanismo esta unanimidade é especialmente importante.
Moldes recoñeceu que "reducir a fronte mínima de 12 a 6 metros para as vivendas unifamiliares, ademais, ofrecerá aos nosos veciños máis facilidades par que poidan construír o seu fogar ".
PAGO DÉBEDA DAS OBRAS EN VILARIÑO
Tamén houbo consenso no recoñecemento extraxudicial de crédito que permitirá pagar as nove facturas que se deben desde abril de 2023 polas obras en Vilariño. Unha débeda que ascende a 102.253,18 euros.
Relacionadas:
-
Poio poñerá o nome de veciños "moi queridos" a dous viais de Raxó
Por Oskar Viéitez |
-
Un recoñecemento extraxudicial de crédito permitirá ao Concello pagar as catro facturas que debe polo muro do Xuviño
Por Oskar Viéitez |
-
Poio modificará o PXOM para actualizar as súas normas urbanísticas
Por Redacción |