Coidado! É Semana Santa pero cambia a hora
Por Redacción
Como cada ano a última fin de semana do mes de marzo trae consigo un cambio de hora. Mesmo aínda que como nesta ocasión se produza en plena Semana Santa.
Por iso ás 2.00 horas da madrugada deste domingo día 31 de marzo pasarán a ser as 3.00, restando unha hora de soño.
Trátase dunha medida que se adopta tradicionalmente nos países da Unión Europea para establecer un horario de verán que permita un mellor aproveitamento da luz natural principalmente durante as xornadas laborais.
De feito a decisión de mover o reloxo xeneralizouse na década dos 70, en plena crise do petróleo, para tentar reducir o consumo enerxético.