Máxima seguridade en Caldas de cara as actuacións de Panorama e Alkar na Festa da Primavera
Por Redacción
Agárdase a presenza de numeroso público entre o 12 e o 15 de abril na Tafona, en Caldas de Reis, con motivo da celebración da Festa da Primavera que conta cunha programación na que destacan as verbenas de Panorama e Alkar, ademais dunha actuación de Djs de Galicia.
Para garantir a máxima seguridade durante estes eventos, o Concello de Caldas de Reis a través da concellería de Cultura e Festas contratou a redacción dun plan de autoprotección.
Manuel Fariña, tenente de alcalde e responsable deste departamento, sinala que o obxectivo é garantir a máxima tranquilidade tanto para as persoas participantes como para a veciñanza da contorna e para os grupos musicais e atraccións que se instalarán con motivo do evento.
"Imos ter en Caldas as mellores orquestras de Galiza, entre elas a Panorama e iso sabemos que ten un efecto chamada", afirma o concelleiro, que lembra que este plan é obrigatorio para actos con máis de 20.000 asistentes en espazos ao aire libre.
"Queremos ser precavidos", advirte Fariña explicando que o plan é unha garantía. Neste plan analízanse riscos, estúdanse situacións de emerxencia para resolver calquera intervención.
A través deste plan determinaranse os medios persoais e materiais de protección necesarios e as funcións que deberá acometer cada grupo, desde o control do botellón e de posibles intervencións con motivo de enfrontamentos, en caso de producirse, ata evacuacións con garantía de zonas de entrada e saídas de emerxencia.
A empresa Previnem é a encargada de redactar o documento no que se recollerán, entre outros puntos, a acústica, determinando as condicións para evitar molestias no maior grao posible a terceiras persoas.
PROGRAMA
A Festa da Primavera de Caldas ofrece nesta edición un día máis de música, o venres 12 de abril. Nesa xornada celebrarase o 'Kalidas Primavera Fest' coa participación de Djs como Anthony Godfather, Groove Amigos, Traffic House, Samu Pexe, Mr. J , Zoey Rey e Marcos Gramola.
O día 13 chegará a actuación da orquestra Panorama a partir das 22.30 horas ofrecendo un dos seus primeiros birlos da nova xira, que leva por título 'IA Tour 2024'. Nesa xornada tamén haberá máis oferta musical coa discoteca móbil 'La Gramola'.
Durante o domingo 14, a partir das 18.30 horas, chegará a quenda do Grupo Alkar, outra orquestra galega con gran número de seguidores e, a continuación, chegará a quenda do DJ Marcos Magán.
Xa o 15, Día do Neno e da Nena, o público infantil terá a oportunidade de gozar de descontos nas atraccións desta Festa da Primavera.
Relacionadas:
-
"Éxito sen precedentes" da Festa da Primavera de Caldas, que atraeu preto de 30.000 persoas
Por Redacción |
-
Sufocan un incendio nunha vivenda de Vilagarcía provocado por un deshumidificador
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Caldas pide "sensatez" aos feirantes e que acaten a normativa para poder instalar os seus postos na Festa da Primavera
Por Redacción |
-
Xa se poden reservar postos para participar na Feira Tradicional de Caldas
Por Redacción |
-
A primavera trae festa a Caldas de Reis coa Panorama e o Grupo Alkar
Por Oskar Viéitez |
-
Caldas de Reis propón que abril sexa o seu 'Mes do Deporte'
Por Redacción |
-
Caldas súmase á organización da Festa da Primavera que se celebrará en abril
Por Redacción |