Pazo de Pías: o polo de crecemento lento con máis aceptación de Galicia
Avícola de Galicia (Avigal), empresa dedicada á produción de carne de ave en Pontevedra e de coello en Celanova, incrementou a produción do seu pito galego Pazo de Pías un 6% en 2023 respecto ao ano anterior. Trátase dun dos produtos estrela da compañía de orixe 100% galego: tanto as granxas, como a fábrica de penso e a planta de procesado atópanse situadas en Galicia.
Avigal experimentou un notable crecemento multiplicando por dez o volume total de carne comercializada procedente de Pazo de Pías desde 2018 ata 2023. En datos globais, a compañía vendeu 876.029 kg de carne neste último ano, fronte ao 302.000 kg vendidos en 2018.
Actualmente, Avigal xa conta cunha vintena de granxas de crianza de poloo de crecemento lento. Así mesmo, cabe destacar a rastrexabilidade completa da que dispón a compañía desde o nacemento ata o produto final, ademais de distintos certificados que avalan a política de calidade e seguridade alimentaria da empresa: IFS Food (International Featured Standards), que garante os sistemas de xestión de seguridade alimentaria; UNE-EN ISO 14001:2004, que certifica os sistemas de xestión ambiental; Galicia Calidade, que acredita a alimentación vexetal, cun mínimo de 65% de cereais; e OCA GLOBAL (CALITAX), que acredita a estirpe do animal, condicións de vida, crianza, alimentación e crecemento lento do mesmo.
Pito Pazo de Pías: sabor, textura e equilibrio nutricional
O pito Pazo de Pías é un produto gourmet que se caracteriza por ser un polo amarelo cunha textura de carne firme e natural. Así, a alimentación do pito xoga un papel fundamental, xa que outorga á carne un factor diferenciado. Trátase dunha alimentación especializada e 100% vexetal, enriquecida con minerais e vitaminas, cun mínimo de 65% de cereais e alto contido en millo, o cal dá lugar a unha carne de gran calidade cun sabor excepcional.
Cabe destacar que a produción propia e exclusiva destes pensos en Avigal permite á compañía levar a cabo un control exhaustivo das materias primas, así como unha análise detallada da produción. Ademais, as granxas 4.0 dispoñen dun sistema telemático que asegura un proceso de cría optimizado, garantindo as mellores condicións en alimentación, saúde e benestar.