CC.OO. convoca protestas contra a privatización do Rexistro Civil e denuncia o colapso nos arquivos xudiciais
Por Redacción
O sindicato Comisións Obreiras (CC.OO.) denunciou a situación que se sofre nos edificios xudiciais da cidade e os problemas aos que se están a enfrontar os funcionarios que traballan nestas dependencias.
Segundo Pablo Valeiras do sector Xustiza do sindicato os arquivos xudiciais de Pontevedra, ao igual que os da maioría dos xulgados de Galicia, encóntrase nunha situación límite ao bordo do colapso.
Sinala, ademais, que se está a aplicar un plan piloto de expurgo na Audiencia Provincial de Pontevedra e no Xulgado de Primera Instancia número 1 desta cidade que non foi negociado nin consensuado cos representantes dos traballadores. Ante esta situación, o sindicato indica que se opoñen a que se encomenden novas tarefas e se sobrecargue de traballo aos funcionarios, ademais de esixir que a realización destes labores sexa recompensada economicamente.
CC.OO. indica que é necesario que todos os membros dos equipos reciban a formación necesaria para o labor que desempeñan co fin de garantir a conservación daqueles documentos que teñen un valor histórico pola súa relevancia como son as denuncias e os testificais dos casos xudiciais no franquismo e na transición que axudan a describir estas épocas con gran precisión.
Denuncian a existencia de graves irregularidades e anomalías en materia de prevención de riscos laborais cunha especial denuncia cara ás condicións da saída de emerxencias do edificio xudicial da Parda.
CONTRA A PRIVATIZACIÿN DO REXISTRO CIVIL
Ademais, o sindicato volverá convocar manifestacións de protesta contra a intención por parte do Ministerio que dirixe Ruiz Gallardón de privatizar o Rexistro Civil. Segundo os representantes sindicais, o Goberno intentará volver poñer en marcha esta medida que foi bloqueada en 2013. Indican que levaría consigo a perda de máis de 240 postos de traballo en Galicia e o afastamento do servizo público dos cidadáns. Aseguran que se non se impide, os cidadáns terán que pagar todas as certificacións que se expidan por fe de vida, matrimonio, adopción, defunción ou nacemento, entre outras.
Relacionadas:
-
Os funcionarios da Parda defenden na rúa o carácter gratuíto do rexistro civil
Por Redacción |
-
Todos os traballadores da Parda mobilizaranse unidos contra a privatización do rexistro civil
Por Natalia Puga |
-
Os funcionarios da Parda, en contra da reforma xudicial
Por Diego Espiño |
-
Retiran máis de 22 toneladas de documentación na operación limpeza dos Xulgados de Pontevedra
Por Redacción |