Utilizan un DNI roubado dun mozo de Pontevedra para dar de alta cinco liñas telefónicas
Por Oskar Viéitez
Un mozo de Pontevedra denunciou en Comisaría unha suplantación de identidade sufrida tras perder o seu Documento Nacional de Identidade (DNI).
Os axentes da Policía Nacional teñen aberta unha investigación por delitos de usurpación de estado civil e estafa.
A investigación da Policía Nacional comezou cando o mozo presentou unha denuncia na Comisaría de Pontevedra dicindo que co seu número do seu carné alguén dera de alta cinco liñas de teléfono móbil con Vodafone.
O mozo decatouse da situación cando acudiu a unha tenda de Vodafone a facer unha xestión. Entón comunicáronlle que tiña débedas pendentes con esta compañía.
No contrato desas liñas de teléfono aparecía o seu nome e DNI pero a dirección xa non era a da súa casa senón que era unha vivenda do Vao e mesmo figuraba unha dirección de correo electrónica distinta á súa.
Relacionadas:
-
Sufocan un incendio nunha vivenda de Vilagarcía provocado por un deshumidificador
Por Oskar Viéitez |
-
Detido en Pontevedra con 26 gramos de cocaína que ía vender
Por Redacción |
-
Detectan tres billetes falsos de 50 e 20 euros en Pontevedra
Por Redacción |
-
Seis de cada dez centros educativos da provincia de Pontevedra solicitaron charlas das forzas de seguridade
Por Oskar Viéitez |