Retencións de tráfico debido ás obras de asfaltado en Eduardo Pondal
Por Anxo Lourido
Ao longo desta semana, operarios e maquinaria da empresa Covsa están a realizar traballos de mellora do firme da Rúa Eduardo Pondal.
Estas obras están a obrigar a cortes de tráfico temporais como o que se rexistraba a primeiras horas deste mércores na Rúa Teixoeira ou con desvíos na rotonda central onde desemboca a Rúa Filgueira Valverde.
A primeiras horas das xornadas e arredor do mediodía é cando se producen máis problemas de retencións de tráfico nunha das rúas con máis acumulación de vehículos ao ser punto de conexión das estacións de tren e de autobús co centro da cidade.
Os traballos realízanse para mellorar a calzada despois das obras efectuadas para reformar as canalizacións desta rúa coa intención de evitar os habituais problemas de inundacións na zona do Gorgullón en épocas de precipitacións
Relacionadas:
-
Haberá cortes de carrís en horario nocturno polas obras de mellora do firme entre A Barca e O Vao
Por Oskar Viéitez |
-
Preocupación no Gorgullón porque as chuvias volven asolagar as rúas
Por Redacción |
-
Aprobadas, por procedemento de emerxencia, as obras na rúa Eduardo Pondal á altura do número 22
Por Anxo Lourido |