Denuncia de Vaipolorío pola presenza dunha nova vertedura nun afluente do Gafos
Por Anxo Lourido
A asociación Vaipolorío alerta da presenza dunha nova vertedura de material no camiño de servizo de ADIF, nas proximidades do río Cubela, afluente do río Gafos, pola marxe esquerda da baixada do monte de Salcedo.
Entre outros obxectos atópanse abandonados nese punto plásticos, rodas e un arcón frigorífico.
Segundo sinalan desde Vaipolorío é a segunda vertedura que se rexistra neste camiño durante os dous últimos días, afectando o espazo natural de interese local (ENIL).
Entre os residuos aparecidos nos últimos días figuraban unha bañeira, un bidón grande e sacos con restos de obra.
Desde o colectivo ecoloxista alertaron ao 112 Galicia para que se realicen os operativos necesarios para a retirada destes restos.
Relacionadas:
-
Vaipolorío limpa a ponte do Couto para reivindicala
Por Anxo Lourido |
-
Vaipolorío denuncia unha nova vertedura ilegal no ENIL dos Gafos: "Son incansables"
Por Redacción |
-
Vaipolorío reivindica a importancia dos humidais "no día que casan os paxariños"
Por Oskar Viéitez |
-
Atopan verteduras de plásticos nun afluente do río Gafos
Por Redacción |