Vaipolorío limpa a ponte do Couto para reivindicala
Por Anxo Lourido
Aproveitando a tregua que a choiva deixou durante a mañá deste sábado, varios integrantes da agrupación ecoloxista Vaipolorío desprazábanse ata a ponte medieval do Couto, situada no río Tomeza, tamén coñecido como Gafos.
Alí dedicáronse a limpar de maneira reivindicativa esta estrutura co obxectivo de poñela en valor para o resto da cidadanía.
Con eles colaboraba nesta ocasión o escritor, filólogo e etnógrafo Calros Solla, especialista nestas construcións históricas do patrimonio galego.
Solla destaca a estrutura de pedra da Ponte do Couto situada sobre as dúas bóvedas. Esta obra logrou superar as acometidas da auga invernais malia a súa escasa altura. Unha das bóvedas consta dunha cruz-calvario.
O colectivo Vaipolorío, por outra banda, segue denunciando que neste punto se amorea numeroso lixo tanto no leito do río como nas ribeiras, malia o desmantelamento de parte do asentamento chabolista que se atopaba nas inmediacións.
Relacionadas:
-
Denuncia de Vaipolorío pola presenza dunha nova vertedura nun afluente do Gafos
Por Anxo Lourido |
-
Alumnado da Universidade da Coruña prepara un proxecto para a recuperación paisaxística do Muíño do Coto
Por Oskar Viéitez |
-
Vaipolorío denuncia unha nova vertedura ilegal no ENIL dos Gafos: "Son incansables"
Por Redacción |
-
Desmantelan parte do asentamento chabolista de Ponte do Couto
Por Natalia Puga |
-
Vaipolorío reivindica a importancia dos humidais "no día que casan os paxariños"
Por Oskar Viéitez |
-
Vaipolorío acomete a poda da "maceira de río" no Gafos
Por Redacción |