Vaipolorío acomete a poda da "maceira de río" no Gafos
Por Redacción
Integrantes da Asociación Vaipolorío programaron, para este sábado 20 de xaneiro ás 10 da mañá, labores de poda da chamada "maceira de río".
"Árbore que podaría en febreiro terá froitos duradeiros", lembrou Pablo Carro, membro de Vaipolorío.
Segundo explicaron desde este colectivo ecoloxista, a "maceira de río" é unha especie autóctona "brava" que resulta ideal para patrón de calquera tipo de variedade. Prende en estaca e agradece os terreos húmidos e por iso é polo que se de tan ben ao longo do leito do río dos Gafos.
Vaipolorío segue apostando pola plantación de variedades autóctonas no río Cocho-Toxal-Tomeza- Gafos.
Relacionadas:
-
Vaipolorío limpa a ponte do Couto para reivindicala
Por Anxo Lourido |
-
Vaipolorío denuncia unha nova vertedura ilegal no ENIL dos Gafos: "Son incansables"
Por Redacción |
-
Vaipolorío reivindica a importancia dos humidais "no día que casan os paxariños"
Por Oskar Viéitez |
-
Atopan verteduras de plásticos nun afluente do río Gafos
Por Redacción |
-
Vaipolorío conclúe o ano retirando árbores caídas no paseo do río Gafos
Por Anxo Lourido |
-
Xa se perde a conta das verteduras de lixo denunciadas no ENIL do Gafos
Por Redacción |