Haberá 300 prazas para os campamentos de conciliación deste verán en Marín
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín informou este luns de que o 2 de maio abrirá o prazo para inscribirse nas 300 prazas para os campamentos de conciliación de verán organizados polo goberno local, dirixidos a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, é dicir, os nados entre o 2012 e o 2021.
A inscrición poderá realizarse de dúas maneiras: presencialmente no Rexistro municipal, cun máximo de 5 solicitudes por persoa ou de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello de Marín co certificado dixital. No caso de non telo, pode solicitalo no Concello a través desta ligazón
O prazo de presentación rematará o luns 20 de maio e o listado de prazas concedidas sairá o venres 24 de maio. O prezo público será o mesmo que todos os anos, 30 euros por cada neno. Mantéñense as catro quincenas para os campamentos urbanos e as dúas para o rural, volvendo a ofertar 300 prazas.
UBICACIÓN | TEMPORALIZACIÓN | Nº DE PRAZAS |
CEIP Sequelo | 1-15 de xullo | 75 |
CEIP Sequelo | 17-31 de xullo | 75 |
Casa da Cultura de Mogor | 17-31 de xullo | 25 |
CEIP Sequelo | 1-14 de agosto | 50 |
CEIP Seixo | 17-31 de xullo | 25 |
CEIP Sequelo | 16-31 de agosto | 50 |
FORMA DE PAGO
O pago pode realizarse por domiciliación bancaria na conta que indique a persona beneficiada. O cargo na conta do solicitante será realizado o 5 de xuño de 2024. Tamén poderá facerse a través da 'Pasarela de pago' na páxina web do Concello de Marín, do 3 ao 7 de xuño. Outra posibilidade é acudir ás dependencias da Tesourería do Concello de Marín. O pago realizarase en horario de 9:00 a 14:00 horas entre os días 3 e 7 de xuño.