Retiran 68 papeleiras do centro histórico para reparalas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/fd7/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/662771bb8d-reparacion-das-papeleiras-do-centro-histo-rico-12.jpeg)
© Concello de Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/d84/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/662771e60b-reparacion-das-papeleiras-do-centro-histo-rico-8.jpeg)
© Concello de Pontevedra
Esta semana comezaron os traballos para limpar, reparar e repoñer as papeleiras do centro histórico que se atopaban en mal estado de conservación.
A concellería de Servizos urbanos básicos, que dirixe Xaquín Moreda, revisaba as 186 papeleiras inventariadas na zona monumental e decidía reparar 68 que se atopaban rotas, pintadas ou deterioradas.
Nestes días arranxarase no taller a caixa de recollida de residuos, limparanse os grafitis e tamén recibirán unha man de pintura para que volvan presentar a súa imaxe inicial.
Segundo o goberno local, a intención é que ao longo da primeira semana do mes de maio todas estean arranxadas e reinstaladas.
Estas papeleiras responden o modelo Onda, deseñado especificamente para Pontevedra pola empresa local Setga. Ofrece a opción de integrarse na parede e está fabricada con aliaxes de aluminio e a estrutura é de aceiro. Contan tamén cun cinceiro de aceiro inoxidable.
O persoal do servizo de limpeza pode recoller os residuos a través da porta que permite acceder ao depósito.
Ademais, dispoñen dunha apertura de seguridade que só é accesible para operarios da limpeza.