"Todo aquel espazo público do que se ausente a Policía, será ocupado polo delincuente"
Por Oskar Viéitez
O sindicato Justicia Policial, JUPOL foi o último en posicionarse contra a decisión de instalar bolardos nas rúas peonís da zona centro de Pontevedra.
O secretario local de Jupol Pontevedra, Alejandro Gómez, lembra que o aumento da taxa de criminalidade no primeiro trimestre do ano 2024 na cidade de Pontevedra foi dun 16 por cento e critica as declaracións que desde a área de seguridade do Concello nas que "desprezaban este aumento da criminalidade como un fenómeno natural en todas as cidades".
"É necesario que os cidadáns de Pontevedra sexan conscientes de que a seguridade cidadá é algo vital", manifesta este representante policial.
Desde JUPOL advirten de que "noutras cidades do noso país tomáronse nas pasado decisións erráticas e que non contaron coa aprobación dos expertos en seguridade por parte dos gobernos municipais que conduciron a uns índices delincuenciales disparados cun grave prexuízo da convivencia. Pasando a ser, nestas urbes, o aumento da criminalidade a principal preocupación da cidadanía".
Alejandro Gómez asegura que "existe unha lei de ferro na seguridade cidadá" que é: "todo aquel espazo público do que se ausente a Policía, será ocupado polo delincuente".
Por todo iso anterior, desde JUPOL súmanse ás demandas efectuadas desde a Subdelegación de goberno, autoridades policiais, outras forzas sindicais, organizacións políticas e cidadás, esixindo ao Concello de Pontevedra a "retirada de todos aqueles elementos que dificulten a libre circulación dos vehículos policiais e de emerxencias polo centro da cidade".
Relacionadas:
-
Advirten do risco dos bolardos de 'Boa Vila' da Ferrería e Curros Enríquez
Por Oskar Viéitez |
-
Os bolardos de Peregrina seguirán durante "meses" porque, segundo Mosquera, están funcionando "moi ben"
Por Alejandro Espiño |
-
Duros reproches ao BNG pola súa "nula xestión" para resolver os incidentes na Ferrería ou Campolongo
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A taxa de criminalidade incrementouse nun 16,4% no primeiro trimestre na cidade de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
"Menos bolardos, máis policía", a petición do sindicato SUP ante o "desprezo" do goberno local cos bolardos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O PP pide ao alcalde que “rectifique” cos bolardos da Peregrina e ínstao a buscar "consenso"
Por Natalia Puga |
-
Os bombeiros de Pontevedra tamén rexeitan os bolardos da Peregrina
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |