Conta atrás para O Son Do Camiño
O esperado festival, situado en Santiago de Compostela, marca o punto culminante do calendario musical galego e eríxese como un dos eventos máis destacados en toda España. Este ano levarase a cabo os días 31 de maio, 30 de maio e 1 de xuño. O cartel conta cunha impresionante lista de máis de 40 artistas internacionais, entre os que destacan Green Day, J Balvin, Thirty Seconds To Mars, Myke Towers, Melendi, Pet Shop Boys, Rels B, Ana Mena ou La Oreja de Van Gogh.
Unha das grandes novidades desta edición é o crecemento e desenvolvemento do seu terceiro escenario: Escenario Son Electro By Repsol. Este novo espazo estará dedicado exclusivamente á música electrónica en toda a súa amplitude e diversidade.
Con artistas de renome internacional, este escenario promete ofrecer unha programación excepcional que rivaliza cos grandes festivais especializados de Europa. Esta nova proposta amplía os horizontes do festival galego, levándoo a un nivel superior en canto á variedade de estilos e programación, con artistas da talla de Trym, Vitalic (Live), Patrick Mason, Tiga, Âme, Henrick Schwarz y Kalte Liebe, Ben Hemsley, Daria Kolosova, entre outros.
Os abonos de tres días e as entradas diarias do xoves xa están esgotados, pero aínda quedan dispoñibles entradas para o venres e sábado.
O Son Do Camiño é un festival creado para Galicia dende Galicia. Promovido por dúas empresas galegas como son Esmerarte Industrias Creativas e Bring The Noise, conta co apoio activo de Xunta de Galicia e o Xacobeo. Unha iniciativa que sitúa a Santiago como unha das capitais da música en directo en toda Europa cada mes de xuño dende 2018. Ademais, conta co apoio de Estrella Galicia como principal patrocinador privado, quen leva colaborando co festival dende a súa primeira edición, sendo xa, como marca galega, parte da experiencia do mesmo.
ZONA DE DESCANSO E GLAMPING
En O Son Do Camiño, atópase dispoñible unha Zona de Descanso pensada para ofrecer comodidade os asistentes ao festival. Aqueles que reserven o seu espazo terán a opción de montar as súas tendas de campaña ou gozar do Glamping, unha alternativa que proporciona todas as comodidades dunha tenda de campaña xa montada. Con colchón ou colchóns inchables, roupa de cama e almorzo buffet, o Glamping preséntase en varias modalidades para adaptarse ás necesidades de cada hóspede.
CASHLESS, PAGO SINXELO E SOSTIBLE
A organización de O Son Do Camiño implementou o sistema Cashless como a única forma de pago dentro do recinto. Este método utiliza unha tarxeta vinculada á pulseira do festival de cada asistente, a cal é recargable durante o evento. Ademais, ofrecen unha promoción especial: un 10% de bonificación adicional en recargas realizadas antes do 26 de xuño.
Relacionadas:
-
RADIO.- Un novo podcast engádese aos contidos de PontevedraViva Radio: 'Paisaxes progresivas'
Por Redacción |
-
O Festival O Son do Camiño, a piques de dar o disparo de saída
Por Noticia patrocinada |
-
Furious Monkey House e Cora Velasco, nun O Son do Camiño con The Chemical Brothers ou Liam Gallagher como estrelas
Por Alejandro Espiño |