Furious Monkey House e Cora Velasco, talento pontevedrés para un O Son do Camiño con The Chemical Brothers ou Liam Gallagher como estrelas
Por Alejandro Espiño
O Monte do Gozo volverá vibrar con máis de 40 artistas de talla nacional e internacional nunha nova edición do festival O Son do Camiño, que se celebrará os días 16, 17 e 18 de xuño. E entre tanta estrela tamén haberá oco para a música pontevedresa.
A banda Furious Monkey House e a solista Cora Velasco forman parte do selecto cartel de artistas que compoñen un festival que, como en anos anteriores á pandemia, reunirá referentes en diversos xéneros como o rock, o indie, a electrónica ou os sons urbanos.
A disposición dos concertos por día, que se pode consultar no cartel que acompaña a esta información, reflicte que Furious Monkey House subirá ao escenario do festival o xoves 16 e que Cora Velasco farao dous días despois, o sábado 18.
Ambos se sumarán aos protagonistas de O Son do Camiño 2022, entre eles The Chemical Brothers, Liam Gallagher, Tiësto, C. Tangana, Sebastián Yatra, Rigoberta Bandini, Justice, Jason Derulo, Editors, Dani Martin, Lola Índigo, Foals, Anne-Marie, Nicki Nicole ou Nathy Peluso.
Ademais, os artistas galegos coparán máis do 40% da programación con Sen Senra, Triángulo de Amor Bizarro, The Killer Barbies con Silvia Superstar ou Guadi Galego; e a diversidade nacional achegarana, entre outros, Carolina Durante, Miss Caffeina ou Carlos Sadness.
Os abonos para este O Son do Camiño 2022 poñeranse á venda o vindeiro mércores a través da páxina web www.osondocamino.es.
MÁIS AFORO E MÁIS SERVIZOS
O festival anuncia, por outra banda, que o recinto será máis amplo que en edicións anteriores ao incluír un terceiro escenario e manterase as propostas relativas á zona de restauración, a zona de descanso e ao dispositivo de transporte regular.
Relacionadas:
-
Conta atrás para O Son Do Camiño
Por Noticia patrocinada |
-
Furious Monkey House presenta 'In the void' o próximo 19 de xaneiro
Por Oskar Viéitez |
-
'Al pie de la escalera', a nova canción de Cora Velasco inspirada no confinamento
Por Raquel Currás Martínez |
-
Berto e Mariña Paz unen as súas voces en "O teu mandil ", o seu primeiro tema xuntos
Por Alejandro Espiño |
-
Baiuca, Cora Velasco e Furious Monkey House pechan con ritmo o festival Que non pare a música!
Por Cristina Saiz & Redacción |