Unha App permite consultar en tempo real a ocupación dos aparcadoiros públicos de Marín
Por Oskar Viéitez
"Smart Mobility Marín" é unha aplicación para consultar en tempo real a ocupación dos aparcadoiros públicos.
A veciñanza de Marín xa pode ter no seu peto información en tempo real da ocupación dos aparcadoiros, para que poidan decidir en cal deixar o seu coche e reducir o tráfico circulante.
Para poder descargala, é abondo con entrar na tenda de aplicacións correspondente, tanto en Android como en Iphone, e buscar "Smart Mobility Marín", descargando a app que ten o logo do Concello.
Por outro lado, o Concello está a preparar unha serie de vídeos explicativos de como chegar aos distintos aparcadoiros desde as entradas doutros concellos limítrofes: desde Pontevedra, arrancando na Avenida de Ourense; desde Bueu, co punto de partida á altura de Tiro Naval Janer, e desde Vigo/Moaña, partindo de Jaime Janer.
O obxectivo destes vídeos é poder axudar a aquelas persoas que veñen de fóra de Marín a atopar estas bolsas de estacionamento, que moitas veces son descoñecidas para os visitantes de fóra cando veñen pasar o día á vila ou a traballar.
Relacionadas:
-
Peche da rúa Castelao este domingo por unha mudanza no Hospital Quirónsalud
Por Redacción |
-
O sistema Smart Mobility estará dispoñible en Marín "a partir deste verán"
Por Redacción |
-
Paneis informativos en Marín para avisar da ocupación dos aparcamentos e do tráfico
Por Redacción |
-
Marín traballa nunha estratexia para ofrecer información en tempo real sobre estacionamento e transporte público
Por Redacción |