Deteñen un home en Poio por quebrantar unha orde de afastamento a unha vítima de violencia de xénero
Por Diego Espiño
A Policía Local de Poio detivo un home, veciño do municipio, por quebrantar presuntamente unha orde xudicial de afastamento en vigor cara a unha vítima de violencia de xénero.
Segundo explica o corpo municipal de seguridade, a detención produciuse ao redor das 21.20 horas deste venres 26 de abril.
A Policía foi alertada da situación por parte do 112, desprazándose inmediatamente ao lugar do aviso.
Unha vez alí os axentes ofreceron protección á vítima e procederon á detención do mozo instruíndo as dilixencias oportunas antes de poñelo ao dispor xudicial.
O home está acusao dun delito de quebrantamento de condena cunha orde en vigor de afastamento.