Saen a concesión 300 nichos nos cemiterios de San Amaro, Lourizán e Ponte Sampaio
Por Redacción
A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra aprobou as bases que regularán a concesión de nichos nos cemiterios municipais.
Son en total 300 os novos nichos que se poñen ao dispor da cidadanía, e que serán adxudicados en lotes dun ou dous dentro do mesmo cemiterio.
En concreto sairán a concesión 200 nichos no cemiterio de San Amaro, 64 no de Ponte Sampaio e 36 no de Lourizán.
Trátase dunha concesión por 75 anos cun prazo improrrogable, pero que poderá transmitirse a favor de herdeiros 'mortis causa', quedando prohibida a transmisión das concesións entre persoas vivas.
Tras un prazo de exposición pública o proceso será publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO), momento no que se abrirá o prazo de presentación de solicitudes,
As concesións están suxeitas ás seguintes taxas:
Cemiterio | Fila 1 | Fila 2 | Fila 3 | Fila 4 |
San Amaro | 1.428,07 euros | 1.552,25 euros | 1.552,25 euros | 1.303,87 euros |
Lourizán | 492,94 euros | 537,76 euros | 537,76 euros | 448,14 euros |
Ponte Sampaio | 1.256,60 euros | 1.316,14 euros | 1.316,14 euros | 1.292,65 euros |