A Festa dos Maios vai celebrarse a cuberto
![Anxo](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/022/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/6683d39821-a.jpg)
Por Anxo Lourido
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/084/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5543925ebb-20150501-diegotorrado-festa-dos-maios-16.jpg)
© Diego Torrado
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/a0f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6630ce3e80-001.jpg)
© Concello de Vilagarcía de Arousa
Unha carpa protexerá as agrupacións participantes e ao público asistente á tradicional Festa dos Maios na Praza da Ferrería. Durante os últimos días instalábase a estrutura en previsión das choivas que se agardan durante a mañá deste mércores 1 de maio.
A celebración contará coa participación da poeta Cynthia Menéndez, encargada de dar a benvida ao Maio a partir das 11.00 horas.
Está prevista a participación de seis colectivos: Maio de Figueirido, Maio de San Xulián, Maio Marcos da Portela, Maio de Campañó, Maio de Marcón e o Maio de Campolongo.
A concellería de Cultura repartirá 6.250 euros en premios para esta edición do concurso.
TRASLADO EN VILAGARCÍA DE AROUSA
As previsións de choiva tamén obrigan a cambios en Vilagarcía de Arousa.
A Festa dos Maios que estaba prevista no Parque Miguel Hernández se trasladará á Praza da Peixería.
O programa manterase sen variacións coa exhibición dos traballos desde as 11.30 horas ata as 20.30 horas.
Está prevista a participación de 37 composicións de 22 autores.
Entre os participantes atópanse seis ANPAs, unha agrupación, dous centros educativos, unha asociación cultural, a Residencia de Anciáns Divina Pastora e once persoas de maneira individual.
Todos os participantes recibirán rosca, e a suma das axudas en metálico moveranse entre os 30 e os 150 euros en función do número de integrantes do grupo e de se interpretarán ou non coplas.