Ferida una muller de 84 anos tras ser atropelada en Campelo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha muller de 84 anos resultou ferida leve tras ser atropelada por un turismo na confluencia da Rúa Beiramar coa rúa Pai Avelino, en Campelo.
O accidente produciuse sobre as 10:50 horas, segundo informou a Policía Local de Poio.
A vítima foi arroiada polo coche cando ía cruzar polo paseo de peóns.
Unha ambulancia do 061 trasladou á muller ferida a un centro hospitalario.
A Policía Local de Poio fíxose cargo da investigación para aclarar as causas do suceso.