Mellora da accesibilidade na rede interior de camiños de Filgueira
Por Redacción
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e a tenente de alcalde Lourdes Ovelleiro inspeccionaron o remate dos traballos de asfaltado levados a cabo polo Concello para facilitar a accesibilidade na rede interior de camiños da parroquia de Filgueira onde se investiron uns 32.000 euros de fondos propios municipais.
Con esta actuación, que supoxo un asfaltado de máis de 250 metros lineais de viais mellórase a imaxe e a conectividade interior deste núcleo rural ao tempo que favorece o acceso ás vivendas tanto de xeito peonil como en vehículos.
Aproveitando estes traballos, o Concello de Cerdedo-Cotobade tamén mellorou o sistema de canalización da rede de sumidoiros e recollida de augas pluviais.
Estos traballos permiten tamén recoller as augas de choiva e alonxalas das zonas de tránsito tanto de vehículos como de peóns co fin de facer máis transitables eses camiños.
Relacionadas:
-
Conclúe a reforma da ponte de Pedre na que se accidentou un autobús na Noiteboa de 2022
Por Redacción |
-
Entra en servizo a nova senda de Tenorio, que completa un itinerario peonil de 2,1 quilómetros
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade crea o Consello Local da Cultura xunto as organizacións musicais
Por Redacción |