Unha muller de 70 anos e un motorista resultan feridos en dous accidentes en Meaño
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/f79/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6651c40e3a-000000.jpg)
© Servizo de Emerxencias
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/f42/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6651bb3473-00.jpg)
© Servizo de Emerxencias
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/330/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6651bb8073-000.jpg)
© Servizo de Emerxencias
Nas últimas horas producíase un accidente de tráfico na estrada EP-9207 ao seu paso por Dena, no municipio de Meaño.
O condutor da motocicleta era evacuado ao Hospital Montecelo de Pontevedra. Ao lugar acudían unha patrulla da Garda Civil de Tráfico, unha ambulancia do 061 e o servizo de Emerxencias de Cambados,
Ademais, na estrada PO-303, ao seu paso por Xil, no mesmo municipio de Meaño, unha muller de 70 anos que conducía un utilitario era evacuada a un centro sanitario ao resultar ferida despois de que o vehículo saira da vía. Na intervención participan Emerxencias de Cambados e de Sanxenxo, unha ambulancia do 061 e a Garda Civil de Tráfico.
O servizo de Emerxencias de Cambados tamén tivo que intervir noutras incidencias que se rexistraban durante esta xornada en diversas incidencias no Salnés.
Extinguían un incendio que se producía nun vehículo en Corbillón, no municipio de Cambados. Como consecuencia do incendio viuse afectado unha árbore. Nesta actuación tamén colaboraba unha patrulla da Garda Civil de Cambados e os Bombeiros do Salnés.
Tamén foi necesaria a súa presenza nun accidente de tráfico na PO-300 ao seu paso por Vilariño, en Cambados. Os condutores dos dous vehículos implicados resultaron ilesos.
Na avenida de Vilariño tamén se producía outro accidente cando un vehículo perdía o control e saía da vía causando danos a unha luminaria e ao peche dunha vivenda. A Garda Civil de Tráfico tamén acudía a estes dous sinistros.
Relacionadas:
-
A Garda Civil investiga un condutor que compartiu un vídeo circulando de forma temeraria polo Campiño
Por Oskar Viéitez |
-
Catro persoas feridas nun accidente na rotonda de Cambados-Dena
Por Redacción |
-
Excarceran un condutor de 37 anos que impactou contra un muro en Cambados
Por Redacción |
-
Un neno de 8 anos e dous adultos resultan feridos nun accidente en Meaño entre un taxi e un turismo
Por Anxo Lourido |