O Concello gaña a sentenza das 'pagas extra' e Moreira asegura sentirse "satisfecho"
Por Redacción
O Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Pontevedra desestimou o recurso presentado pola Delegación do Goberno contra a decisión do goberno local de pagar ao persoal municipal o complemento de produtividade en lugar da paga extraordinaria de Nadal. Na sentenza, a xuíza María Enriqueta Sanmartín considera que non existe fraude de lei por parte do Concello de Pontevedra e que o pagamento dese complemento se axusta a dereito.
A sentenza é recorrible no prazo de 15 días ante a sala do contencioso administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O goberno local a través do concelleiro Vicente García Legísima mostrou a súa satisfacción por esta sentenza despois de "adoptar unha decisión atrevida pero necesaria pola situación de recortes" para apoiar os traballadores municipais. O concelleiro evitou facer unha avaliación política da sentenza indicando que "son respectuoso coa parte ao que non lle estiman a demanda".
Tamén o voceiro socialista, Antón Louro, considera que é moi positiva esta sentenza "que despexa dúbidas e contribúe á tranquilidade de todo ou cadro de persoal do Concello". E lamenta a "actitude errática do Partido Popular en todo este asunto. Primeiro opoñéndose á adopción dá medida, despois alentando na sombra a presentación do contencioso e, finalmente, facendo declaracións públicas desexando que ou Concello gaña se ou preito".
MOREIRA, TAMÿN SATISFEITO
Pola súa banda, o voceiro municipal do Partido Popular mostrou tamén a súa satisfacción por esta sentenza explicándose nos seguintes termos: "Yo deseaba que no tuviera efectos para terceros de buena fe. Si este recurso hubiera sido estimado, quien iba a pagar las consecuencias no iba a ser el Alcalde de Pontevedra sino que iban a ser los funcionarios, por lo tanto la sensación es positiva en el sentido de que los funcionarios no van a estar afectados por una resolución que, insisto, sino jurídicamente al menos política y públicamente fue muy cuestionable por parte del Concello".
Relacionadas:
-
O TSXG obriga a máis da metade dos funcionarios que cobraron a 'paga extra' a devolver os cartos
Por Alejandro Espiño |
-
O Estado recorre a sentenza que avalou a paga de productividade do Concello de Pontevedra
Por Redacción |
-
Os funcionarios municipais de Pontevedra poderían cobrar ata tres veces a extra de decembro
Por Oskar Viéitez |
-
Insisten na "absoluta transparencia" municipal na tramitación da compensación da paga extra
Por Alejandro Espiño |
-
O Estado cualifica de "argucia fraudulenta" o pago da extra e o Concello non ve "eivas" na súa legalidade
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Jacobo Moreira espera que o Estado perda o recurso contra o Concello de Pontevedra polo pagamento da 'extra'
Por Oskar Viéitez |