Pescamar corrixe a súa oferta sobre Alfageme
Por Natalia Puga
A conserveira de Poio Pescamar corrixiu a oferta presentada para a adquisición de Alfageme dentro dos cinco días de moratoria que lle dera o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para emendar posibles deficiencias na documentación inicial.
Fontes consultadas confirmaron que Pescamar entregou a documentación solicitada en tempo e forma, xa que o prazo comezou o xoves 8 e remataba o luns 12 de novembro.
Dende Pescamar rexeitou facer valoracións ao respecto e a dar detalles sobre a oferta presentou ante os administradores concursais para que poida retomarse o proceso de adxudicación do grupo Pescamar.
Ao respecto, dende a Xunta de Galicia indicouse que a ofertas deberían cumprir como condicións "o mantemento dos postos de traballo e a devolución de parte do diñeiro que a Xunta tivo que poñer de aval neste proceso".
Ademais da conservera de Poio, presentáronse ao concurso a empresa cántabra El Consorcio Conservero Español e Coswinga, unha firma vinculada á familia Lago, anterior propietaria de Alfageme.
Horas antes de que finalizase o prazo, e sen saber se Pescamar presentara a documentación ou non, medio centenar de traballadoras de Alfageme pecháronse na fábrica da conserveira en Ribadumia.
O encerro produciuse pola mañá e tiña como obxectivo esixir a venda da fábrica fronte á poxa.
Relacionadas:
-
Queda deserto o concurso por Alfageme ao entender o Igape que ningunha oferta "cumple los requisitos"
Por Alejandro Espiño |
-
A poxa de 'Miau', sobre a mesa do xuíz
Por Oskar Viéitez |
-
O IGAPE da cinco días a Pescamar para correxir a súa oferta sobre Alfageme
Por Oskar Viéitez |
-
As traballadoras de Alfageme manterán as protestas "ata o final"
Por Diego Espiño |
-
Pescamar, El Consorcio e Coswinga rivalizan pola compra de Alfageme
Por Oskar Viéitez |