Suficientes explicacións do sobrecusto de Pasarón?
Por Diego Espiño
O Pazo Provincial da Deputación foi escenario este venres dunha reunión técnica na que se explicaron as causas do sobrecusto na construción do Estadio Municipal de Pasarón.
ÿ a resposta da administración provincial ante a petición do concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, de reunir a comisión de seguimento.
A reunión contou coa presenza do arquitecto, o responsable de obra, o enxeñeiro da Deputación, o presidente do Pontevedra Club de Fútbol, a deputada Ana Isabel Vázquez, o propio concelleiro e dende a metade do encontro do presidente provincial Rafael Louzán.
Nesta a Deputación, titular das obras, reiterou que actuou "sempre con claridade e transparencia", e que "Concello e Xunta foron sempre coñecedores do desenvolvemento das obras e das motivacións do incremento do seu custo", tras pasar dos 7,2 millóns iniciais a 15,8 millóns de euros.
Estes argumentos non pareceron convencer un Agustín Fernández que recoñeceu que a institución provincial "no se mueve de ahí" para engadir despois que "hay cuestiones que necesitan más explicación".
O responsable municipal de Deportes asegura non discutir "que el campo haya sido más barato en relación con otros campos" senón "que las formas no han sido las adecuadas".
Fernández non quixo valorar máis en profundidade o comentado na reunión xustificándose en que "se aportó información que no estaba en los papeles", polo que prefire "dejar pasar el fin de semana y hacer una reflexión más profunda, serena y sensata" para decidir despois o seu xeito de proceder neste asunto.
Pola súa banda, a Deputación tamén recordou ao concelleiro que o Concello de Pontevedra aínda non recepcionou as obras a pesar de "que se remitiu toda a documentación requirida polos técnicos municipais" hai máis dun ano.
Relacionadas:
-
A Deputación resta importancia ás denuncias de Agustín Fernández sobre Pasarón: "Iso é política barata"
Por Oskar Viéitez |
-
Deputación esixe ao Concello a recepción de Pasarón e deixará de asumir os seus gastos dende o 1 de abril
Por Redacción |
-
Agustín Fernández esixe "la dimisión de Louzán" polo sobrecusto de Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Agustín Fernández acusa a Louzán de "favorecer deliberadamente a unha empresa" coa construción de Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Louzán acusa o PSdeG-PSOE de "intentar desprestixiar" cun "caso pechado" como a obra de Pasarón
Por Natalia Puga |