"Estaba fora de sí, non era él. Berraba ¡quero sangue, voute matar!"
Por Oskar Viéitez
Fiscalía pediu o ingreso nun centro psiquiátrico para un home de Cangas por intentar acoitelar ao seu veciño, unha petición que foi aceptada pola defensa do acusado.
O xuízo quedou visto para sentenza na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra
O acusado, José Manuel F.E., padece esquizofrenia paranoide, con deterioro cognitivo e, segundo sinalaron nos seus informes os peritos forenses, no momento dos feitos "atopábase cun trastorno psicótico con ideación delirante", a cal afectáballe de forma tal que lle impedía coñecer o alcance dos seus feitos, "tendo anuladas as súas capacidades intelectivas e volitivas".
Hoxe ante o tribunal admitiu discutir fuertemente co seu veciño pero non se acordaba si sacara unha navalla.
O agredido sinalou que aquel día José Manuel, "non estaba normal" gritaba "Quero sangue, voute a matar". Unha cirsunstancia que reiterou outra veciña testemuña do suceso "estaba fóra de si, víaselle mal", declarou.
Neste estado mental, o día 24 de novembro de 2011, en torno ás 14.15 horas, segundo admitiron as partes José Manuel dirixiuse ao seu veciño e "coa intención de causarlle a morte" iniciou unha discusión no curso da cal sacou unha navalla intentando cravarlla no pescozo.
Ante a forte resistencia oposta pola vítima o agresor tan só chegou a producirlle cortes superficiais na man e o pescozo, segundo sinala a Fiscalía.
O Ministerio fiscal entende que estes feitos constitúen un delito de tentativa de homicidio, concorrendo a eximente completa de alteración psíquica, polo que solicita ao tribunal que impoña ao acusado a medida de seguridade de internamiento nun centro pisquiátrico en réxime pechado adecuado ao trastorno que padece por tempo non superior a sete anos e medio. Actualmente está ingresado nun Centro psiquiátrico en Mos.
Ademais, o fiscal demanda como liberdade vixiada a prohibición de aproximarse a menos de 200 metros da vítima por un período de tempo non superior a 15 anos.
O fiscal, Luís Uriarte retirou a súa petición inicial de prohibirlle entrar no término municipal de Cangas, "porque creemos que si lle afastamos da súa familia non poderá progresar na súa curación".
En concepto de responsabilidade civil pídese o pago dunha indemnización de 1.780 euros polos danos causados nas roupas e un reloxo que portaba o agredido.