Acepta tres anos de prisión por traficar con cocaína, metanfetamina e cannabis en Vilagacía
Por Natalia Puga
A veciña de Vilagarcía de Arousa M.F.G.M. aceptou este martes unha condena a tres anos de prisión tras recoñecer que se dedicaba ao tráfico de drogas vendendo substancias como cocaína, cannabis e metanfetamina que tiña gardada nun piso que alugara usando unha identidade falsa.
A muller sentouse no banco dos acusados da Sección Cuarta de la Audiencia de Pontevedra para un xuízo no que se enfrontaba a unha pena de seis anos de prisión. Finalmente, chegou a un acordo de conformidade co fiscal no que, tras recoñecer os feitos, viu reducida a súa condena á metade.
O fiscal si lle mantivo a petición do pagamento dunha multa de 54.132,51 euros e o tribunal xa anunciou a súa intención de ditar unha sentenza condenatoria coa súa conformidade na que se acorda o comiso e destrución da droga que se interveu no seu piso.
Durante a súa presenza na sala de vistas a acusada permaneceu custodiada por axentes da Policía Nacional, pois atópase en prisión. Fontes coñecedoras da causa indicaron tras o xuízo que M.F.G.M. ten en vigor unha condena a sete anos de prisión por un delito contra a saúde púbica polo que estaba a ser buscada cando o detiveron en outubro de 2012 polos feitos que se acaban de xulgar.
Ao recoñecer os feitos, a muller asumiu que alugou un piso en Vilagarcía usando unha identidade falsa no que o 15 de outubro de 2012 realizou un rexistro a Policía Nacional e lle localizou droga que tiña intención de distribuír entre a poboación a cambio dun prezo.
As drogas localizadas no domicilio foron 327,1 gramos de cocaína, catro bolsas que contiñan 86, 63,2, 26,08 e 3,998 gramos de metanfetamina, así como tres comprimidos e media e 15 landras e media de cannabis, que pesaban un total de 509,3 gramos.
No rexistro realizado na súa vivenda a Policía Nacional tamén localizou outros efectos como 28,545 gramos de substancias de corte que puideron ser identificadas como fenacetina, cafeína, lidocaína, ácido bórico e tetracaína. Tamén se lle interveu unha báscula de precisión camuflada nun porta CD de música, unha bolsiña con 87,5 gramos de restos de cocaína e un billete de 50 euros que a acusada obtivo da venda de drogas.