Un apoderado bancario acepta unha condena dun ano de prisión por apropiarse de 314.670 euros de tres clientes
Por Redacción
Un apoderado do Banco Santander Central Hispano de Tui aceptou unha condena dun ano de prisión trans recoñecerse como autor dun delito continuado de apropiación indebida por realizar "operacións contables irregulares" con fondos de clientes non residentes en España que ingresaban na súa sucursal divisas estranxeiras.
O xuízo sinalado para este martes na Sección Cuarta de la Audiencia de Pontevedra non chegou a celebrarse tras alcanzar o acusado un acordo coa Fiscalía.
O apoderado aboará unha multa de 12 meses a 25 euros diarios e o pagamento dunha indemnización de 314.670 euros pertencentes a tres clientes, así como outros 33.000 euros polas comisións e intereses que se deixaron de percibir.
O home, D.F.M. exerceu o cargo de xestor de clientes e responsable do departamento de estranxeiro na devandita sucursal situada na rúa Augusto Fernández Besada.
Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, que o acusado asumiu como feitos probados, o procesado utilizou fondos que debía xestionar para clientes emigrados e, sen autorización dos seus titulares, realizou "toda unha serie de operacións contables irregulares á marxe da operativa e da práctica bancaria establecida pola entidade".
O Banco Santander presentouse como prexudicado ao verse na obriga de reintegrar aos titulares dos depósitos dos que retirou os fondos as cantidades das que foron desprovistos, así como as comisións e intereses que o banco deixou de percibir.