O Concello de Marín solicita "respecto cara ás familias de todos os tripulantes do Mar de Marín"
Por Oskar Viéitez
A xunta de voceiros do Concello de Marín convocou unha reunión de urxencia este martes con motivo do accidente do buque pesqueiro Mar de Marín, con base no porto desta localidade, para trasladar o pésame de toda a Corporación municipal a todos os familiares dos tripulantes deste buque que perderon a súa vida neste suceso acontecido na entrada da ría de Vigo.
Igualmente trasladan o seu pesar á empresa armadora de Marín e á Asociación de Armadores e poñen a institución municipal a disposición das familias "para todo aquilo que poidan necesitar, expresando a nosa dor que é o dos veciños e veciñas de Marín".
Finalmente a xunta de voceiros solicitou "respecto cara ás familias de todos os tripulantes. Especialmente as dos desaparecidos neste momento de espera tan doloroso", e para que o operativo de salvamento "poida seguir traballando de xeito intenso".
A alcaldesa, María Ramallo, explicou que o Concello esperará a que conclúa o operativo de rescate antes de decretar calquera medida de loito oficial, xa que os dous desaparecidos son veciños desta vila. Serían Manuel Domínguez Mallo, natural e veciño de Marín, e un ghanés, de nome Alexander Nketiah.
Entre os mariñeiros falecidos encóntrase o marroquí Hassan Zigari, engraxador do Mar de Marín e veciño de Marín; Alejandro García Castro, natural de Poio e veciño de Barro; Carlos Santos Villar, veciño de Cangas de 43 anos.
Os cinco tripulantes que foron rescatados con vida son Francisco Javier Pazó San Jorge, capitán do buque, Gonzalo Santiago Torres, Juan Ramón Santiago Torres, Gumersindo Marquez Avis e un biólogo do Instituto Oceanográfico, Nicolas Mira.
Relacionadas:
-
Tercer día de busca dos desaparecidos do 'Mar de Marín'
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Salvamento Marítimo amplía ata a ría de Arousa a busca dos dous mariñeiros do 'Mar de Marín' desaparecidos
Por Redacción | Creada e actualizada
-
"Todo fue muy rápido", aseguran os sobreviventes do afundimento do pesqueiro 'Mar de Marín'
Por Redacción |
-
Tres mariñeiros dun barco de Marín falecen e dous están desaparecidos tras chocar cun mercante nas Cíes
Por Redacción | Creada e actualizada