Os sindicatos instan o Goberno a que abra "un verdadeiro diálogo social"
Por Oskar Viéitez
Os sindicatos saíron de novo á rúa contra as políticas de austeridade e a favor dun plan de investimentos europeo para reactivar o emprego.
Convocados polo Cumio Social, da que forman parte entre outros os sindicatos Comisións Obreiras e UGT, Pontevedra foi unha das 54 cidades que ao longo de toda España se mobilizaron baixo o lema 'Hai que parar as políticas de austeridade'.
Na praza da Peregrina falouse do Banco Central Europeo e da "amarga decepción" que supón que hoxe xoves non tomase ningunha medida na súa reunión semanal. En concreto critícase a inacción do Banco ao pospoñer a axuda a 26 millóns de parados e a 8 millóns de mozos sen futuro.
Ademais esixiron ao Goberno español que abandone as políticas de austeridade e que se abra un verdadeiro diálogo social e unha negociación colectiva.
Para o venres, está convocada unha euromanifestación en Bruxelas ante as institucións europeas, convocada baixo o lema 'Loitando polos investimentos, empregos de calidade, igualdade'.