Máis de 400 persoas xa se inscribiron para a marcha solidaria 'Pontevedrada' do 26 de abril
Por Anxo Lourido
A marcha 'Pontevedrada 2014' conta xa con 415 participantes para realizar unha camiñada que partirá o sábado 26 de abril a partir das 20.00 horas dende a Praza da Ferrería ata a Praza do Obradoiro en Santiago. Se trata dun percorrido de 63 quilómetros que ten como obxectivo concienciar á poboación da grande importancia que ten a doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos.
Este mediodía, dous dos responsables desa plataforma, Raúl Álvarez e Miguel Martínez, presentaron a edición deste ano, a cuarta xa, no Concello acompañados polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores.
Os promotores sinalaron que, cada ano, aumenta o número de participantes e que a inscrición estará aberta ata antes de iniciar a camiñada. Recordan que non é obrigatorio finalizar o percorrido xa que participan varios vehiculos para asistir aos participantes durante toda a ruta. Ademais, ao longo do percorrido efectúanse paradas voluntarias de descanso e de refrixerio en Barro, Caldas de Reis, Valga e Padrón.
No 2013, segundo sinalou Miguel Martínez, os primeiros camiñantes chegaron a Santiago sobre as 7:30 da mañá do domingo e máis da metade lograron chegar ata a Praza do Obradoiro. Un grupo de osteópatas axudan durante o percorrido.
Aconséllase levar chaleco reflectante, lanterna, teléfono móbil, bebida e alimentos lixeiros, ademais de roupa de abrigo e calzado de reposto. Os participantes terán que facer o camiño de retorno por conta propia.
Con esta 'Pontevedrada' inténtase sensibilizar da necesidade de que aumente o número de doazóns tanto de órganos como de sangue.
Os interesados poden inscribirse en pontevedrada@gmail.com ou nos teléfonos 619.56.63.06 ou no 639.61.53.56
Relacionadas:
-
A quinta Pontevedrada solidaria a Santiago abre o prazo de inscrición anticipada
Por Redacción |
-
600 persoas participan na 'Pontevedrada 2014', a marcha solidaria coas doazóns
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Prepárase unha nova 'Pontevedrada', a marcha nocturna para alertar da necesidade de doazóns
Por Redacción |