Rouban no colexio e o campo de fútbol de Vilalonga. E pode que máis...
Por Natalia Puga
A Garda Civil detén dous veciños de Sanxenxo por roubar no colexio e o campo de fútbol de Vilalonga, pero non descarta que teñan implicación con máis roubos cometidos no municipio nos últimos días.
Segundo informou a Garda Civil, os detidos son J.A.B.C. e JA.T.B., ambos os dous de 28 anos e con antecedentes policiais. Tras pasar a disposicion do Xulgado de Instrución número 1 de Cambados, quedaron en liberdade con cargos coa obriga de presentarse ante o xuíz cando sexan requiridos.
Ata o momento puideron atribuírselle un roubo cometido no CEIP Vilalonga o pasado outubro no que se terían levado varios ordenadores e unha pequena cantidade de diñeiro en efectivo. No campo de fútbol o botín foi unha televisión, un TDT, un amplificador e diversas bebidas.
A área de investigación do posto central da Garda Civil de Sanxenxo estableceu a súa vinculación con ambos os dous roubos e localizou parte dos efectos substraídos.
A investigación continúa aberta para intentar descubrir "a implicación destes (os dous detidos) noutros feitos delituosos cometidos nas últimas datas", segundo indica a Garda Civil.