Besteiro asegura unha demarcación única con cabeceira en Pontevedra "afasta a xustiza dos cidadáns"
Por Oskar Viéitez
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, rexeitou o o proxecto de reforma do Poder Xudicial que propón unha demarcación única con cabeceira en Pontevedra.
O lider dos socialistas galegos apunta que a reforma proposta polo ministro Alberto Ruiz Gallardón "afasta a xustiza dos cidadáns, despois do encarecemento que provocaron as taxas xudiciais".
Besteiro acudiu este sábado a Pontevedra para participar na clausura da xornada A nova Política Pesqueira Común a debate, que organizou no Hotel Galicia Palace a Executiva galega do PSdeG e na que participou o exministro e candidato ao Parlamento Europeo nas próximas eleccións, José Blanco.
"Galicia ten unha poboación dispersa e se a xustiza se afasta, deixa de ser un servizo público, o plantexamento do PP non é o correcto e eu espero que se corrixa, moitas voltas ten que dar a reforma para que sexa do agrado dos socialistas e do conxunto dos cidadáns; Feijóo ten que defender os intereses de Galicia, non dicir unha cousa aquí e outra en Madrid", dixo Besteiro.
LOBBY GALEGO
Na súa intervención, José Blanco, ofreceu ao PP a posibilidade de poñer en marcha un lobby galego para defender os intereses pesqueiros de Galicia na Unión Europea.
Relacionadas:
-
O Pleno da Deputación esixe por unanimidade a retirada da reforma xudicial de Gallardón
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O PSOE provincial defende a chamada á mobilización de Abel Caballero polo novo mapa xudicial
Por Diego Espiño |
-
O PP local traslada o seu apoio ao novo mapa xudicial "porque beneficia a Pontevedra"
Por Oskar Viéitez |