Ferido un peón ao caerlle enriba unha ponla da árbore da rúa Oliva
Por Redacción & Diego Torrado
Un peón resultou ferido ao ser alcanzado por unha ponla dunha oliveira. Sucedeu na rúa Oliva o pasado mércores ás 19:30 horas cando o transeúnte, de 70 anos, pasaba ao lado da árbore.
Ademais do golpe na cabeza o home sufriu algúns rabuños, aínda que non precisou atención médica.
Operarios da brigada de xardíns acometeron unha poda da oliveira para reducir o seu volume xa que en múltiples ocasións as súas ponlas foron golpeadas polos camións de repartición.
Cre que a ponla que se desprendeu puido ser golpeada tempo atrás resultando afectada a súa integridade aínda que sen ser arrancada de todo, caendo máis tarde ao non soportar o peso.