O Lérez limparase de valos, madeiros e outros residuos a finais da primavera
Por Redacción
O goberno local de Pontevedra contratará mergulladores para retirar o material que permanece depositado no fondo do río Lérez como consecuencia do arrastre da corrente con motivo dos temporais deste inverno.
A Xunta de goberno municipal aprobou que no prazo apróximado dun mes e medio cando finalicen as chuvias, cara ao final da primavera, un equipo especializado retire valos, madeiros e outros residuos que se encontran no fondo da canle do río. Os traballos serán realizados dende a praia fluvial ata a desembocadura e tamén na Xunqueira de Rons.
A primeira limpeza do río realizouse no ano 2005. Naquela ocasión, a Dirección Xeral de Costas desaconsellara que se dragasen os fondos polas consecuencias que podería levar consigo para o ecosistema. Tamén naquela ocasión se empregaron mergulladores profesionais.
Relacionadas:
-
Comezan os traballos de limpeza do canal do río Lérez
Por Redacción |
-
Portos de Galicia limpará os residuos depositados no fondo do porto de Combarro
Por Redacción |
-
Retiran un madeiro do río Lérez con axuda dunha grúa
Por Redacción |
-
O goberno local garante a calidade das augas na praia fluvial
Por Redacción |