Retiran un madeiro do río Lérez con axuda dunha grúa
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra cortou o tráfico nun dos carrís de saída da cidade da ponte de Santiago para que un guindastre puidese retirar do río Lérez un madeiro de gran tamaño.
Os bombeiros de Pontevedra recomendaron a súa retirada xa que o pau, que sobresaía da auga, supoñía un perigo para a navegación pola canle fluvial. Este obstáculo estaba sinalizado cunha boia.