Piden catro anos de prisión por patear na cabeza e cortar cunha navalla a súa vítima para roubalo
Por Redacción
O fiscal pide catro anos de prisión para un home ao que acusa de dar unha puñada na cara á vítima, patadas cando xa estaba no chan, facerlle diversos cortes polo corpo cunha navalla e de darlle finalmente unha patada na cabeza que o deixou sen coñecemento, momento que o acusado aproveitou presuntamente para roubalo.
Os feitos sucederon no campo de fútbol de Figueirido, partido xudicial de Cangas.
Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o xuízo está sinalado para o próximo día 29 na Sección segunda da Audiencia provincial de Pontevedra.