Pito dobre en Ponte Caldelas
Por Redacción
Máis de medio centenar de parellas procedentes de distintos puntos de Galicia participan durante este sábado 26 de abril en ponte Caldelas da quinta edición do Torneo Open de Dominó Concello de Ponte Caldelas que organizan a Asociación Verdugo e a Federación Galega de Dominó.
O torneo dispútase polo sistema de primeira rolda a sorteo e as seis seguintes polo coñecido como sistema suízo, que establece un tempo máximo de duración de 55 minutos por partida ou 350 puntos.
Os gañadores obterán 200 euros e dous xamóns, mentres que na clasificación por equipos, o primeiro se levará 300 euros.