O proxecto de construción dun tanatorio en Arzobispo Malvar segue adiante
Por Redacción
Membros da plataforma Non Crematorio Pontevedra Leste Non Crematorio Pontevedra Leste reuníronse este mércores con representantes das funerarias Alianza e Barros e Pompas Fúnebres.
Os empresarios confirmaron a súa vontade de construír un tanatorio na rúa Arcebispo Malvar, na parcela adquirida ao Colexio de Arquitectos.
En principio o proxecto non inclúe a instalación dun forno incinerador, segundo informou o voceiro da plataforma, José Luis Calvo.
O colectivo veciñal solicitou "sen éxito" unha entrevista coa empresa Funespaña, que promove un crematorio-tanatorio detrás do cemiterio de San Mauro.
Os veciños tiñan intención de que Funespaña lles confirmase renunciouse a este proxecto tal e como se afirmou dende o goberno local.
A Plataforma Non Crematorio Pontevedra Leste estuda posibles accións xudiciais para impedir que se constrúa esta infraestrutura a menos de 500 metros das vivendas.
Relacionadas:
-
A aparición dun tramo da muralla medieval non afectará á construción do tanatorio de Arcebispo Malvar
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
O proxectado tanatorio de Arcebispo Malvar, pendente das escavacións arqueolóxicas
Por Alejandro Espiño |
-
Patrimonio autoriza o proxecto arqueolóxico do soar destinado ao tanatorio de Arcebispo Malvar
Por Redacción |