Comisións Obreiras acusa a Louzán de "deixación de funcións"
Por Oskar Viéitez
A sección sindical de Comisións Obreiras na Deputación de Pontevedra denuncia a "deixación de funcións" que ao seu xuízo, Rafael Louzán, "vén realizando das súas obrigacións como Presidente da Deputación".
"O único que preocupa a Louzán é a realización de obras faraónicas, que veñen sendo adxudicadas a un entramado empresarial (por todos coñecido)", afirma Comisións Obreiras nun comuniciado que asina, José Ramón Piñeiro, delegado deste sindicato.
"Estas obras teñen un custo real que, casualmente, sempre se dispara tras ser adxudicadas"
"Estas obras teñen un custo real que, casualmente, sempre se dispara tras ser adxudicadas", di este escrito que cita como exemplos as construcións do Museo, do Estadio de futbol de Pasarón, e os campos de fútbol de herba sintética "e que son de escaso ou nulo interese social no actual contexto de crise", engade.
Piñeiro sitúa esta acusación fronte ao que denomina "incumplimiento reiterado" por parte do presidente provincial, das reiteradas invitacións a sentarse a negociar as condicións de traballo dos empregados dos Organismos autónomos.
Afirman desde Comisións Obreiras que trala disolución destes organismos o persoal descoñece as condicións nas que se realizará a integración do persoal laboral na estrutura central da Deputación. E engaden que tampouco se lles convocou para a Mesa para a Negociación do Orzamento do ano 2013.
Asegura José Ramón Piñeiro que "este persoal laboral atópase nunha situación de incerteza e angustia como consecuencia desta situación, na que se actúa pola Deputación cun oscurantismo medieval".
Temen, traballadores e sindicalistas, que trala súa recente aprobación poida ser aplicado o Reglamento que posibilita o despedimento colectivo do persoal laboral nas administracións.
Que este persoal laboral pase á condición de funcionario
"Ante isto, Louzán segue preocupado só polo seu e a súa sensibilidade só aparece para pedir o voto cando está en campaña electoral", afirma o comunicado.
Finalmente Comisións Obreiras propón que se realicen os procesos necesarios para que este persoal laboral pase á condición de funcionario é gasto que supoñería sería infimo si compárase cos dos custos das obras faraónicas que ao longo destes anos vén realizando para maior gloria do seu nome".